SANDRA

Sandra González Álvarez naceu en Estás (Tomiño) o 26 de novembro do 73. Dende pequena quixo ser xornalista, pero co paso do tempo a súa traxectoria académica levouna a estudar Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, interesándose pola xestión máis cercana, a municipal. Da man do equipo do BNG, con Lito Oliveira como candidato, pasou no ano 2003 a formar parte da corporación de Tomiño na oposición.

No ano 2007 presentouse por vez primeira como candidata do BNG á Alcaldía de Tomiño, cando foi elexida Alcaldesa liderando durante catro anos un governo de coalición até o ano 2011 que foi relexida por maioría absoluta.

FORMACIÓN

Dende que se licenciara en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1996, o seu curriculum formativo tense incrementado con varios másters e estadías no extranxeiro. No ano 2012 cursou o máster Executive MBA impartido pola Escola de Negocios de Afundación que a levou a visitar a Universidade de Georgetown en Estados Unidos, onde perfeccionou os seus coñecementos en relacións internacionais.

TRAXECTORIA

A carreira laboral de Sandra González iniciouse no seo da Fundación Galiza Sempre presidida naquel altura por Xose Manoel Beiras. Durantes cinco anos, coordinou proxectos culturais e encargouse da comunicación da Fundación a nivel nacional. Este posto deixouno para ocupar a Alcaldía de Tomiño en maio de 2007. Dende entón exerce como Alcaldesa, na primeira lexilatura presidindo un equipo de goberno de coalición e dende o ano 2011 gobernando con maioría absoluta. Ademáis, preside o Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño, que xestiona fondos europeos para proxectos de desenvolvemento rural.

MOTIVACIÓNS

E quén mellor que a propia Sandra para falar das súas motivacións. Ísto é o que contesta cando lle preguntamos polas súas motivacións: ``Son unha firme defensora da cultura do traballo, da adicación, do esforzo, de crear as condicións aínda que nun primeiro momento non den todo o resultado que esperamos. Non me considero mellor nin peor que ninguén, creo firmemente no traballo en equipo, na capacidade infinita da motivación, nas emocións positivas contaxiosas, no entusiasmo por facer, por construir, por mudar. Ese espíritu é o que quero sexa motor do novo equipo de governo. Xuntos facémonos mellores!!``

A CANDIDATURA

Un novo equipo por e para Tomiño. Un grupo de xente comprometida cas persoas de Tomiño, con amor pola súa terra, con coñecemento, ganas e motivación para facer fronte aos retos que temos por diante. Un equipo que complementa á perfección a experiencia coa ilusión, que están sobre o terreno, moi preto das súas veciñas e veciños. Un equipo para seguir construindo o futuro de Tomiño.

Mozos e mozas menores de 40 anos na candidatura0%
Representación das parroquias na candidatura0%
Mulleres na candidatura0%

O NOSO EQUIPO

Sandra González Álvarez

Estás

Uxío Benítez Fernández

Goián

Francisco Campo Lago

Tomiño

Cristina Martinez Souto

Forcadela

Lois Vázquez Calvo

Santa María de Tebra

Antonio Tartaglione Cal

Figueiró

Ismael Troncoso Martínez ``Torrón``

Sobrada

Manuel Álvarez González ``Peque``

Barrantes

Fátima Rodríguez González

Taborda

Maria Xosé Vázquez Rodríguez

Amorín

Suso Montero Villar

Tomiño

Santos Rodriguez Ozores

Goián

Ismael Claro Portas “Triky”

Vilameán

Amanda Bugarín Bouzada

Forcadela

Natividad González Fernández

Pinzás

Rocío Vicente Gómez

Barrantes

Suso Pando Martínez

Currás

Marcos Benavides Alonso

Piñeiro

Carla Alonso Ozores

Goián

Abraham Cerviño Barreiro

Santa María de Tebra

Natalia Jorge Pereira

Sobrada

Camilo Riveiro Alonso

Forcadela

“A utopía está no horizonte. Camiño dous pasos, ela alónxase dous pasos e o horizonte corre dez pasos máis alá. ¿Entón para que serve a utopía? Para iso, serve para camiñar”

Eduardo Galeano

Os 15 retos para o futuro de Tomiño

Un novo modelo de xestión do lixo, máis ecolóxico e eficiente

Fomentaremos a recollida selectiva e a auto-xestión do tratamento do lixo, fomentando o tratamento da materia orgánica nas casas

Por un Concello avanzando no aforro e eficiencia enerxética

Continuaremos investindo en medidas de eficiencia enerxética no alumeado público. Actuaremos para mellorar a calificación enerxética dos edificios públicos. Implementaremos a biomasa como sistema de quecemento sendo un concello autoabastecido enerxéticamente

Novas ideas para completar o saneamento

Posta en marcha dun servizo público de baleirado de fosas septicas. Experiencia piloto de saneamento dun núcleo rural cunha planta de macrofitas. Extensión da rede municipal. Demanda da Xunta para a execución do Colector Xeral Carregal-Torrón

Creación da Biblioteca Municipal

Adecuación dun espazo para biblioteca municipal, coordinada coas bibliotecas das parroquias. Espazo innovador, moderno e activo dirixido fundamentalmente aos mais novos para fomentar a cultura, a educación, o estudo e a lectura.

A participación como instrumento de xestión municipal

Na procura dunha maior implicación veciñal utilizaremos a participación como eixo transversal e elemento democratizado de toda a política municipal. Cercania do goberno municipal nas parroquias a través do Concello Escoita. Propostas municipais estratéxicas debatidas e planificadas cos colectivos e sociedade en xeral

A educación como garantia do futuro de Tomiño

Consolidación do Consello Escolar Municipal como instrumento de participación da comunidade educativa. Continuaremos coas axudas a material escolar e actividades extraescolares gratuítas. Apostaremos polas políticas públicas de defensa da infancia e mocidade para conseguir levar a Tomiño a ser Cidade Amiga da Infancia (CAI) por UNICEF

Un auditorio para a educación musical e do teatro

Executaremos a 3ª e 4ª fase de reforma do Auditorio. Crearemos as mellores instalacións para o desenvolvemento da Escola de Música, a Agrupación Musical de Goián e a Escola de Teatro

Apoiando a nosa cultura, coñecendo outras

Apoio aos nosos grupos locais e difusión da nosa música e das nosas tradicións. Reedición do II Simposium de Escultura do Miño entre Cerveira e Tomiño. Posta en valor dos nosos artistas e persoeiros. Programación de teatro, música e ocio fomentando a cultura do país e a defensa da nosa lingua

Saúde, diversión e deporte de base

Apoio aos clubes deportivos locais e ao deporte de base. Fomento das Escolas Deportivas Municipais. Execución da pista de atletismo no colexio de Mosteiro de uso mixto. Promoción de practicas saudábeis e de fomento do deporte

Tomiño como concello moderno e referente no sector primario

Valorización e dignificación do noso sector agricola como alternativa económica. Impulso da Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Demanda da Xunta de finalización da concentración parcelaria e a posta en funcionamento do Banco de Terras

Un concello que fomenta e apoia aos emprendedores

Fomentaremos a formación para o emprendemento con asesoramento para as persoas que vaian emprender un negocio. Promoveranse plans de emprego municipais que den oportunidades aos veciños e veciñas de Tomiño. Seguiremos cos cursos gratuitos sacar a ESO

O Mercado de Tomiño como motor do comercio local

Promoción do Mercado Municipal como lugar de encontro, axente dinamizador do comercio local e referente turístico. O Mercado será un espazo dinámico que contará cun programa anual de actividades de fomento dos produtos locais e a gastronomía do concello

Espazos públicos para as persoas e para todos e todas

Continuaremos humanizando os núcleos urbanos e prazas das parroquias. Estratexia de mobilidade para un concello accesíbel e fomento do uso peonil dos espazos públicos

Un Concello para camiñar e andar en bicicleta

Executaremos varias fases da Senda do rio Miño conectandoa coa rede de sendas de Vilanova de Cerveira. Sinalización e extensión da rede de sendas para convertir a Tomiño nun destino verde por excelencia da comarca. Deseño especial de roteiros BTT

Unha estratexia común entre Tomiño e Villanova de Cerveira

Impulsaremos o proxecto Amizade Cerveira-Tomiño como marco estratéxico e instrumento para acceder aos fondos europeos 2014-2020. Avanzaremos nas relacións con Cerveira para establecer necesidades comúns, partillar servizos e executar proxectos conxuntos

AS CIFRAS

65%
Vivendas con Saneamento no 2015
21%
Vivendas con saneamento antes do 2007
100571

metros de Saneamento no 2015

43711

metros de Saneamento antes do 2007

63

Cursos de Formación nos últimos 4 anos

1228

persoas formadas en 4 anos

NOVAS