08 Mai O BNG de Tomiño arranca a campaña apoiado polos seus militantes e simpatizantes
O equipo do BNG de Tomiño celebrará unha veintena de mitins por todo o municipio
Tomiño, 8 de Maio 2015.- O BNG de Tomiño incia o arranque de campaña apoiado polos seus militantes e simpatizantes que esta noite se reunirán para o tradicional comezo de campaña coa pegada de cartaces. Ao longo dos vindeiros 14 días, a candidata a Alcaldía de Tomiño, Sandra González, e a súa equipa percorrerán as 15 parroquias do municipio cunha veintena de mitins.
O calendario de mitins comeza na noite de hoxe, venres 8 de maio, ás 21h30 no centro social de Vilameán onde Ismael Claro “Triky” candidato pola parroquia, Uxío Benítez, número 2 da lista, e Sandra González, candidata a Alcaldía presentarán aos veciños e veciñas os seus obxectivos para os vindeiros 4 anos.
Baixo o epígrafe “os 15 retos para o futuro de Tomiño”, o BNG de Tomiño aposta pola educación, polo sector primario, polo comercio local, por unha estratexia común entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira e pola creación dunha biblioteca, entre outras cousas.
Sandra González, candidata a Alcaldía de Tomiño destaca deste inicio de campaña “a ilusión do equipo que me acompaña nesta andaina coa que queremos contaxiar a ilusión por un proxecto de futuro co que xa comezamos a camiñar hai 8 anos. Un proxecto no que Tomiño sexa un lugar para as persoas con servizos e calidade de vida”.
O calendario de mitins continuará o sábado ás 21h30 no centro social de Currás, e o domingo ás 12h30 en Pinzás, ás 17h00 en Vilachán do Monte e ás 21h00 en Hospital.
Non hai comentarios