O BNG de Tomiño arranca a campaña apoiado polos seus militantes e simpatizantes
O equipo do BNG de Tomiño celebrará unha veintena de mitins por todo o municipio Tomiño, 8 de Maio 2015.- O BNG de Tomiño incia o arran...
08 Maio, 2015No comment
Sandra González Álvarez naceu en Estás (Tomiño) o 26 de novembro do 73. Dende pequena quixo ser xornalista, pero co paso do tempo a súa traxectoria académica levouna a estudar Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, interesándose pola xestión máis cercana, a municipal. Da man do equipo do BNG, con Lito Oliveira como candidato, pasou no ano 2003 a formar parte da corporación de Tomiño na oposición.
No ano 2007 presentouse por vez primeira como candidata do BNG á Alcaldía de Tomiño, cando foi elexida Alcaldesa liderando durante catro anos un governo de coalición até o ano 2011 que foi relexida por maioría absoluta.
Dende que se licenciara en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1996, o seu curriculum formativo tense incrementado con varios másters e estadías no extranxeiro. No ano 2012 cursou o máster Executive MBA impartido pola Escola de Negocios de Afundación que a levou a visitar a Universidade de Georgetown en Estados Unidos, onde perfeccionou os seus coñecementos en relacións internacionais.
A carreira laboral de Sandra González iniciouse no seo da Fundación Galiza Sempre presidida naquel altura por Xose Manoel Beiras. Durantes cinco anos, coordinou proxectos culturais e encargouse da comunicación da Fundación a nivel nacional. Este posto deixouno para ocupar a Alcaldía de Tomiño en maio de 2007. Dende entón exerce como Alcaldesa, na primeira lexilatura presidindo un equipo de goberno de coalición e dende o ano 2011 gobernando con maioría absoluta. Ademáis, preside o Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV-Baixo Miño, que xestiona fondos europeos para proxectos de desenvolvemento rural.
E quén mellor que a propia Sandra para falar das súas motivacións. Ísto é o que contesta cando lle preguntamos polas súas motivacións: ``Son unha firme defensora da cultura do traballo, da adicación, do esforzo, de crear as condicións aínda que nun primeiro momento non den todo o resultado que esperamos. Non me considero mellor nin peor que ninguén, creo firmemente no traballo en equipo, na capacidade infinita da motivación, nas emocións positivas contaxiosas, no entusiasmo por facer, por construir, por mudar. Ese espíritu é o que quero sexa motor do novo equipo de governo. Xuntos facémonos mellores!!``
Un novo equipo por e para Tomiño. Un grupo de xente comprometida cas persoas de Tomiño, con amor pola súa terra, con coñecemento, ganas e motivación para facer fronte aos retos que temos por diante. Un equipo que complementa á perfección a experiencia coa ilusión, que están sobre o terreno, moi preto das súas veciñas e veciños. Un equipo para seguir construindo o futuro de Tomiño.






















Fomentaremos a recollida selectiva e a auto-xestión do tratamento do lixo, fomentando o tratamento da materia orgánica nas casas
Continuaremos investindo en medidas de eficiencia enerxética no alumeado público. Actuaremos para mellorar a calificación enerxética dos edificios públicos. Implementaremos a biomasa como sistema de quecemento sendo un concello autoabastecido enerxéticamente
Posta en marcha dun servizo público de baleirado de fosas septicas. Experiencia piloto de saneamento dun núcleo rural cunha planta de macrofitas. Extensión da rede municipal. Demanda da Xunta para a execución do Colector Xeral Carregal-Torrón
Adecuación dun espazo para biblioteca municipal, coordinada coas bibliotecas das parroquias. Espazo innovador, moderno e activo dirixido fundamentalmente aos mais novos para fomentar a cultura, a educación, o estudo e a lectura.
Na procura dunha maior implicación veciñal utilizaremos a participación como eixo transversal e elemento democratizado de toda a política municipal. Cercania do goberno municipal nas parroquias a través do Concello Escoita. Propostas municipais estratéxicas debatidas e planificadas cos colectivos e sociedade en xeral
Consolidación do Consello Escolar Municipal como instrumento de participación da comunidade educativa. Continuaremos coas axudas a material escolar e actividades extraescolares gratuítas. Apostaremos polas políticas públicas de defensa da infancia e mocidade para conseguir levar a Tomiño a ser Cidade Amiga da Infancia (CAI) por UNICEF
Executaremos a 3ª e 4ª fase de reforma do Auditorio. Crearemos as mellores instalacións para o desenvolvemento da Escola de Música, a Agrupación Musical de Goián e a Escola de Teatro
Apoio aos nosos grupos locais e difusión da nosa música e das nosas tradicións. Reedición do II Simposium de Escultura do Miño entre Cerveira e Tomiño. Posta en valor dos nosos artistas e persoeiros. Programación de teatro, música e ocio fomentando a cultura do país e a defensa da nosa lingua
Apoio aos clubes deportivos locais e ao deporte de base. Fomento das Escolas Deportivas Municipais. Execución da pista de atletismo no colexio de Mosteiro de uso mixto. Promoción de practicas saudábeis e de fomento do deporte
Valorización e dignificación do noso sector agricola como alternativa económica. Impulso da Mostra de Cultivos do Baixo Miño. Demanda da Xunta de finalización da concentración parcelaria e a posta en funcionamento do Banco de Terras
Fomentaremos a formación para o emprendemento con asesoramento para as persoas que vaian emprender un negocio. Promoveranse plans de emprego municipais que den oportunidades aos veciños e veciñas de Tomiño. Seguiremos cos cursos gratuitos sacar a ESO
Promoción do Mercado Municipal como lugar de encontro, axente dinamizador do comercio local e referente turístico. O Mercado será un espazo dinámico que contará cun programa anual de actividades de fomento dos produtos locais e a gastronomía do concello
Continuaremos humanizando os núcleos urbanos e prazas das parroquias. Estratexia de mobilidade para un concello accesíbel e fomento do uso peonil dos espazos públicos
Executaremos varias fases da Senda do rio Miño conectandoa coa rede de sendas de Vilanova de Cerveira. Sinalización e extensión da rede de sendas para convertir a Tomiño nun destino verde por excelencia da comarca. Deseño especial de roteiros BTT
Impulsaremos o proxecto Amizade Cerveira-Tomiño como marco estratéxico e instrumento para acceder aos fondos europeos 2014-2020. Avanzaremos nas relacións con Cerveira para establecer necesidades comúns, partillar servizos e executar proxectos conxuntos
metros de Saneamento no 2015
metros de Saneamento antes do 2007
Cursos de Formación nos últimos 4 anos
persoas formadas en 4 anos
O equipo do BNG de Tomiño celebrará unha veintena de mitins por todo o municipio Tomiño, 8 de Maio 2015.- O BNG de Tomiño incia o arran...
08 Maio, 2015No commentA candidata Sandra González recibe o apoio unánime de case 400 persoas que non quixeron perderse unha cea repleta de sopresas e emocións...
02 Maio, 2015No commentEl BNG presenta a Tomiño como referente y un trabajo a imitar en otros municipios Faro de Vigo. 28 marzo 2015. Enlace a la noticia El Blo...
28 Marzo, 2015No comment